mércores, maio 15, 2024

Somos Booktuber (61)

 Booktuber de "Como ser muller" de Caitlin Moran , realizado por Clara González, alumna de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro.



Somos Booktuber (60)

  Booktuber de "Un cuarto de seu" de Virginia Woolf , realizado por Ihcene Bouchaila, alumna de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro.



Somos Booktuber (59)

 Booktuber de "Persuasión" de Jane Austen, realizado por Ihcene Bouchaila, alumna de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro.



xoves, maio 09, 2024

Bailando con Ourense

 Este curso participamos dun proxecto grupal con algúns centros da provincia de Ourense. Mentres non temos o vídeo, unha fotiña:




venres, abril 26, 2024

mércores, abril 24, 2024

Agasallo lector

 E, non podía ser doutro xeito, o Día do Libro converteuse no Día do amigo invisible un ano máis na sala de profesorado. Cada ano mellora o intento de sorpresa festivo!




luns, marzo 11, 2024

8M

Un ano máis, lembramos que non existe a Igualdade real. Realizamos actividades para o alumnado de 1º e de 2º de ESO no salón de actor, por mor da folga para o resto do centro.

luns, febreiro 26, 2024

Día de Rosalía

Conmemoramos a Rosalía de Castro no centro. Foi o luns seguinte debido á axenda do propio centro. Para alumnado de 3º de ESO:

mércores, novembro 29, 2023

luns, novembro 27, 2023

25N, o manifesto

 O manifesto que lemos o día 27, luns no que realizamos as actividades en contra da violencia de xénero no noso centro:

MIL DUASCENTAS TRINTA E NOVE.

Podemos repetir esta cifra:

MIL DUASCENTAS TRINTA E NOVE.

Seguramente non o recordemos, pero o pasado 25 de novembro comezabamos o noso discurso con outra cifra: MIL CENTO SESENTA E SETE; esta correspondíase co número de mulleres asasinadas dende o ano 2003, momento no que se empezaron a recompilar estes datos.

Como vedes, a cifra aumentou.

Cada ano asasínanse máis e máis mulleres polo feito de selo. Porque a violencia machista é iso: maltratar e matar persoas pola súa condición de mulleres. Nada máis.

E nada menos. 

Porén, a violencia que se exerce contra nós, as mulleres, vai máis alá dun golpe, vai máis alá dun asasinato...

Esta violencia forma parte dun sistema heteropatriarcal que nos somete e que nos oprime. A violencia machista tamén é Rubiales, tamén son os puteros, tamén é ese home que unicamente mira as mulleres con tetas e vulva a quen tocar; é o control; é ter que levantar a voz para que se nos escoite.

Hoxe, 25 de novembro, concentrámonos en nome das irmás Mirabal, e de todas as persoas vítimas de violencias machistas, para visibilizar un problema que non remata e para amosar a nosa repudia, indignación e sororidade. Xuntámonos tamén para comunicarnos que non estamos soas, que esta loita ten que ser colectiva e que, como di Paul B. Preciado: a ficción non se opón á verdade, e cada vida individual é unha historia colectiva.   

Dende o IES Laxeiro, dicimos NON á violencia machista, amosamos a nosa INDIGNACIÓN ante esta realidade que continúa a abafarnos, e pedimos REFLEXIÓN DISIDENTE. Porque o futuro será feminista ou non será, e porque estamos fartas de vivir nunha sociedade na que moitas das persoas que a compoñen continúan crendo que a diferenza entre homes e mulleres unicamente depende do xenital co que nacemos.

Temos que seguir defendendo o poder da solidariedade colectiva como a única forma de combater as inxustizas que nos rodean e nos atravesan como mulleres É importante seguir unidas desde a mirada feminista, protexéndonos, coidándonos, e esixindo o dereito a vivir unha vida digna. Por todo isto, hoxe e sempre, repetimos*:

Querémonos vivas

Nin unha menos!!!

 

E agasallamos a todo o alumnado do centro con este bolígrafo e este marcapáxinas:


 

sábado, novembro 25, 2023

venres, novembro 10, 2023

A ciencia, en galego

 Un ano máis, non foi un Día da ciencia, senón case un mes para falarmos de ciencia e demostrar que esta, en galego, enténdese perfectamente.







xoves, novembro 02, 2023

O medo cóntase

Quen mellor para contar o medo que Paula Carballeira. Foi un soño cumprido. E non decepcionou, por suposto.