martes, xaneiro 10, 2017

IES LAXEIRO: SOLIDARIO E FINALISTA NOS PREMIOS DE ADEGA

A  reportaxe sobre medio ambiente realizada polo alumnado do Laxeiro  no curso pasado, quedou finalista nos Premios polo Territorio de Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia), que se enmarca na  súa campaña   por unha ordenación sostible do territorio galego "Ponte no medio. Móvete polo Territorio".
 O 28 de decembro de 2016 foir recollido en nome do centro, por Carmen Novás (xornalista de AGARESO e profesora do obradoiro de televisión do noso alumnado) no Salón de Actos da Deputación . A reportaxe competía na categoría   E TI QUE É O QUE VÉS?.
Aquí vedes o resto do premiados.
1º Premio;
"Atmósfera cotiá" de Millán Castro. 250 euros e diploma.
2º Premio;
"Os xeranios do señor Alfonso" de Alumnado do CPI Virxe da Saleta e David González Gómez. 150 euros e diploma.

FInalistas:
"Canción da hora na que ladran os cas" de Marina Chiavegatto. Diploma.
"Buxaina" de Noa García Peiteado. Diploma.
¿Salvemos Catasós? do Alumnado do obradoiro de televisión do IES Laxeiro. Diploma.

Noraboa ao alumnado que participou no mesmo. Podes ver a reportaxe :

Ningún comentario:

Publicar un comentario