mércores, novembro 29, 2023
25N, "Reina"
martes, novembro 28, 2023
25N, "Lisístrata"
Baile realizado co gallo do 25 N do 2023, sobre a canción "Lisístrata" de As fillas de Cassandra.
luns, novembro 27, 2023
25N, o manifesto
O manifesto que lemos o día 27, luns no que realizamos as actividades en contra da violencia de xénero no noso centro:
MIL DUASCENTAS TRINTA E NOVE.
Podemos repetir esta cifra:
MIL DUASCENTAS TRINTA E NOVE.
Seguramente non o recordemos, pero o pasado 25 de novembro comezabamos o noso discurso con outra cifra: MIL CENTO SESENTA E SETE; esta correspondíase co número de mulleres asasinadas dende o ano 2003, momento no que se empezaron a recompilar estes datos.
Como vedes, a cifra aumentou.
Cada ano asasínanse máis e máis mulleres polo feito de selo. Porque a violencia machista é iso: maltratar e matar persoas pola súa condición de mulleres. Nada máis.
E nada menos.
Porén, a violencia que se exerce contra nós, as mulleres, vai máis alá dun golpe, vai máis alá dun asasinato...
Esta violencia forma parte dun sistema heteropatriarcal que nos somete e que nos oprime. A violencia machista tamén é Rubiales, tamén son os puteros, tamén é ese home que unicamente mira as mulleres con tetas e vulva a quen tocar; é o control; é ter que levantar a voz para que se nos escoite.
Hoxe, 25 de novembro, concentrámonos en nome das irmás Mirabal, e de todas as persoas vítimas de violencias machistas, para visibilizar un problema que non remata e para amosar a nosa repudia, indignación e sororidade. Xuntámonos tamén para comunicarnos que non estamos soas, que esta loita ten que ser colectiva e que, como di Paul B. Preciado: a ficción non se opón á verdade, e cada vida individual é unha historia colectiva.
Dende o IES Laxeiro, dicimos NON á violencia machista, amosamos a nosa INDIGNACIÓN ante esta realidade que continúa a abafarnos, e pedimos REFLEXIÓN DISIDENTE. Porque o futuro será feminista ou non será, e porque estamos fartas de vivir nunha sociedade na que moitas das persoas que a compoñen continúan crendo que a diferenza entre homes e mulleres unicamente depende do xenital co que nacemos.
Temos que seguir defendendo o poder da solidariedade colectiva como a única forma de combater as inxustizas que nos rodean e nos atravesan como mulleres. É importante seguir unidas desde a mirada feminista, protexéndonos, coidándonos, e esixindo o dereito a vivir unha vida digna. Por todo isto, hoxe e sempre, repetimos*:
Querémonos vivas
Nin unha menos!!!
sábado, novembro 25, 2023
mércores, novembro 01, 2023
luns, outubro 23, 2023
24 de outubro, Día das Bibliotecas, de todas as bibliotecas.
Esta semana celebramos o Día das Bibliotecas Escolares.
Para todo o alumnado, realizamos este vídeo:
venres, outubro 13, 2023
Día das lesbianas
Este curso imos unir coas actividades este día e o día da saída do armario o próximo mércores.
Para hoxe, unha exposición no Vestíbulo da Igualdade
venres, outubro 06, 2023
venres, xuño 23, 2023
Científicas do Deza
Amosámosvos parte do plan proxecta "Donas de si" con Antonia Ferrín como protagonista. Traballo elaborado polo alumnado de 4º de ESO-A
xoves, xuño 22, 2023
Somos Booktuber (58)
Booktuber de "Nus" de Manuel Gago, realizado por Guillermo Pérez, alumno de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro.
Somos Booktuber (57)
Booktuber de "As almas grises" de Philippe Claudel, realizado por Anxo Varela, alumno de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro.
Mulleres na proa
Traballo feito na materia "Proxecto competencial" de 1º de ESO sobre as mulleres mariscadoras e traballadora do mar. Enfoque de igualdade para un traballo moi descoñecido na realidade cotiá do noso alumnado.
xoves, xuño 15, 2023
Somos Booktuber (56)
Booktuber de "O tatuador de Auschwitz" de Heather Morris, realizado por Iker Taboada Rodríguez, alumno de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro.
Libros falangueiros (VII)
A alumna de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro, Eva Coego, recomenda ler "O club da calceta" de María Reimóndez.
Libros falangueiros (VI)
A alumna de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro, Laura Cacheda, recomenda ler "Todo canto fomos" de Xosé Monteagudo.
mércores, xuño 14, 2023
Libros falangueiros (V)
A alumna de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro, Laura Regadío, recomenda ler "Flores de ferro" de María Rei Vilas.
Libros falangueiros (IV)
O alumno de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro, Guillermo Pérez, recomenda ler "Os fillos do lume" de Pedro Feijoo.
xoves, xuño 08, 2023
Proxecto Prunia
O noso alumnado pasará a historia por seren os creadores dunha nova palabra para a lingua galega. Falando de prunias.
venres, maio 19, 2023
Erasmus+
Na semana do 15 ao 19 de maio recibimos os 5 países que xunto ao noso conforman o Erasmus+ no que estamos participando. De moitas actividades realizadas, esta é unha na que o profesorado dedicoulles un baile representativo de cada país.
mércores, maio 17, 2023
Erasmus+
Na semana do 15 ao 19 de maio recibimos os 5 países que xunto ao noso conforman o Erasmus+ no que estamos participando. De moitas actividades realizadas, esta é unha na que unha pequena parte do alumnado da nosa banda de música dedicoulles unha partitura musical representativa de cada país.
xoves, maio 04, 2023
Somos Booktuber (55)
Booktuber de "A praia dos afogados" de Domingo Villar, realizado por Iker Taboada Rodríguez, alumno de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro.
Somos Booktuber (54)
Booktuber de "A desaparición de Esme Lennox" de Maggie O'Farrell , realizado por Laura Regadío, alumna de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro.
Somos Booktuber (53)
Booktuber de "Os fillos do mar" de Pedro Feijoo , realizado por Laura Cacheda, alumna de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro.
xoves, abril 27, 2023
Día do Libro 2023
Celebramos un ano máis o "amigo invisible" agasallándonos libros e competindo en creatividade á hora de presentar os agasallos.